Apple renovará os seus Mac Pro este ano
luns, 10 de xuño do 2013
A liña
de ordenadores de escritorio profesionais de Apple levaba bastante tempo
abandonada, e para responder á demanda deste tipo de equipos presentaron hoxe
un novo Mac Pro, que chegará ao
mercado antes de rematar o ano, e que estará fabricado nos EE.UU. incorporando
grandes prestacións técnicas como dobre gráfica, almacenamento flash baseado en
PCI Express (cun largo de banda de ata 40 Gbytes/segundo), Thunderbolt 2 de alto
rendemento (capaz de atender ata a 36 dispositivos en cadea e ata 3 pantallas
de ultra alta definición), procesadores Xeon de nova xeración (con ata 12
núcleos), memoria ultra-rápida (de ata 60 Gbytes/segundo), soporte para vÃdeos
de ultra alta definición, un deseño optimizado para unha boa refrixeración a
través dun único ventilador, grande capacidade de expansión e unha carcasa de
aluminio que dálle un acabado único.