Apple poderÃa apostar por ChatGPT ou Claude para mellorar Siri
martes, 1 de xullo do 2025
Mark Gurman asegura dende Bloomberg que Apple está a considerar un cambio radical na súa estratexia de intelixencia artificial ao estudar a posibilidade de empregar modelos de linguaxe de OpenAI ou Anthropic en lugar dos seus propios modelos fundacionais para alimentar unha nova versión de Siri. A decisión, aÃnda en fase inicial, poderÃa marcar un punto de inflexión na súa carreira pola intelixencia artificial e suporÃa recoñecer as limitacións actuais da súa tecnoloxÃa interna.
Varias fontes terÃan confirmado que a compañÃa de Cupertino xa mantivo conversas con ambas as empresas para avaliar a viabilidade de executar versións personalizadas dos seus modelos nos seus propios servidores de nube privada, baseados en chips de fabricación propia. Esta solución permitirÃalle manter o control sobre a infraestrutura e preservar a privacidade dos usuarios.
A iniciativa xurdiu tras o relevo na dirección de Siri, agora baixo responsabilidade de Mike Rockwell (anteriormente á fronte do desenvolvemento das Vision Pro) e Craig Federighi, quen tomaron as rendas despois da perda de peso de John Giannandrea, o ata agora máximo responsable da área de IA. A reorganización veu motivada polos atrasos no lanzamento das novas funcionalidades de Siri e pola frÃa acollida da plataforma Apple Intelligence.
O equipo dirixido por Rockwell probou os principais modelos comerciais, incluÃdo Gemini de Google, e concluÃu que a tecnoloxÃa de Anthropic é a máis prometedora para mellorar Siri. A pesar diso, as negociacións con Anthropic atópanse estancadas por cuestións económicas, xa que a startup esixe un contrato plurianual de miles de millóns de dólares con incrementos progresivos. Isto deixou a porta aberta a un posible acordo con OpenAI ou incluso con outras compañÃas.
Internamente, esta posible viraxe cara a tecnoloxÃas alleas xerou malestar entre os enxeñeiros de Apple, especialmente entre os que traballan nos modelos fundacionais. Algúns ven este xiro como un sinal de desconfianza no seu traballo e estudan ofertas doutros actores do sector como Meta ou a propia OpenAI, onde os paquetes salariais poden triplicar os de Apple.
A presión para mellorar Siri é grande. A nova versión prometida con funcionalidades como control máis preciso das aplicacións e análise de contido en pantalla segue sen estar lista, e o seu lanzamento foi adiado ata a primavera de 2026.
A empresa tampouco descarta movementos estratéxicos maiores no eido da IA. Nos últimos meses barallou a compra de Perplexity e mantivo conversas con Thinking Machines Lab, fundada pola exdirectiva de OpenAI Mira Murati.
Se finalmente Apple opta por un modelo externo, a súa estratexia achegarÃase á de rivais como Samsung, que emprega Gemini nos seus dispositivos baixo a marca Galaxy AI. Con todo, no longo prazo, os executivos consideran que Apple deberÃa recuperar o control total da súa IA cando a tecnoloxÃa interna estea á altura.
