Apple mellora o seu iPod Touch máis económico

venres, 27 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Apple está a mellorar a súa gama de reprodutores multimedia iPod Touch, para o que reduce lixeiramente o seu prezo e mellora o seu modelo económico, que prescindirá das limitacións da súa anterior versión (que só estaba dispoñible en cor gris e carecía de cámara traseira e correa). Deste xeito temos que todos os reprodutores iPod Touch están dispoñibles en rosa, amarelo, azul, prata, gris e vermello, en capacidades de 16, 32 e 64 Gb a prezos de 199, 249 e 299 euros respectivamente, aínda que o novo modelo de 16 Gb tardará uns días en poder adquirirse en España (estando xa dispoñible nos EE.UU.).
Dende Apple insisten no feito de que os seus iPod Touch pode gozar das prestacións de iOS 7, pero serán compatibles co iOS 8 que ten previsto o seu lanzamento para o vindeiro outono, ofrecendo, aparte das funcionalidades multimedia (e do catálogo audiovisual da iTunes Store), da infinidade de aplicacións dispoñibles para iOS.

PUBLICIDADE