Apple leva o seu trackpad multi-táctil aos ordenadores de escritorio
mércores, 28 de xullo do 2010
Esta semana Apple renovou moitos dos seus produtos
do seu catálogo, sen mediar ningunha presentación oficial polo medio,
sorprendendo especialmente o Magic
Trackpad, un novo accesorio que leva o trackpad multi-táctil do
MacBook aos ordenadores de sobremesa o que permÃtelle, entre outras cousas, contar
cun tamaño un 80% superior ao do trackpad do MacBook Pro (pois o espazo no escritorio
non está tan limitado coma en dispositivos portátiles).
- O Mighty Trackpad levou a Apple a vender cargadores de pilas AA
Estamos ante unha superficie fabricada en vidro que permite mover o cursor pola pantalla do ordenador coma se fose un rato, operar coma botón e incluso empregar xestos para desprazarnos en aplicacións, xirar imaxes e outras funcións dun xeito semellante a como manexamos trebellos coma o iPhone. ComunÃcase co ordenador por Bluetooth e curiosamente aliméntase con 2 pilas AA, o que levou a Apple a introducirse nun negocio no que non se lle esperaba: o dos cargadores de pilas (cun dispositivo que permite a carga de baterÃas AA de dúas en dúas e que venden por 29 euros). O Magic Trackpad, pola súa banda, está á venda por 69 euros, dando a impresión de que busca estar en sintonÃa co Magic Mouse (pois o rato máis avanzado de Apple tamén ten unha superficie multi-táctil), accesorio ao que aspira substituÃr, aÃnda que iso dependerá moito das preferencias dos usuarios, xa que a elección entre un trackpad e un rato non resulta doada (especialmente entre os usuarios máis afeitos a un uso intensivo do rato).
- O Magic Trackpad leva os xestos multi-táctiles ao ordenador de sobremesa