Apple lanzará este mes unha aplicación para escoitar música clásica

xoves, 9 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Os subscritores de Apple Music poderán gozar en breve da aplicación móbil Apple Music Classical, que facilita o acceso específico a música clásica sen custo adicional, mantendo a calidade sonora propia do servizo musical de Apple.
A nova aplicación ofrece listaxe de reprodución imprescindibles, biografías de compositores detalladas, guías completas de moitas obras esenciais e funcións de busca intuitivas, polo que pode resultar moi interesante para os que queiran introducirse na música clásica, ou para os que gocen especialmente deste tipo de música (que resulta moi complicada de localizar e aplicacións musicais normais, pola diversidade de xéneros e as numerosas gravacións que existen das mesmas obras).
O catálogo de Apple Music Classical conta con máis de 5 millóns de pistas, incluíndo tanto novos lanzamentos como obras mestas, que poden escoitarse coa mellor calidade de audio, e incluso inclúe milleiros de álbums con audio espacial en Dolby Atmos.
Está previsto que a nova aplicación entre en funcionamento o vindeiro día 28.

PUBLICIDADE