Apple actualiza as prestacións dos MacBook Pro

luns, 24 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Sen mediar anuncio oficial de ningún tipo, a tenda en liña de Apple actualiza as fichas dos MacBook Pro, que non mudan de aparencia, senón que limítanse a mellorar as súas prestacións sen mudar de prezo, de xeito que o modelo básico de 13 polgadas pasa de 320 Gb a 500 Gb de disco duro, contando cun procesador Intel Core i5 a 2,4 GHz, mentres que no avanzado o seu procesador é un Intel Core i7 a 2,8 Ghz. O modelo de 15 polgadas conta con procesadores Intel Core i7 a 2,2/2,4 GHz (con opción de chegar ata os 2,5 GHz) e gráfica AMD Radeon HD 6750M/6770M; e, finalmente, o modelo de 17 polgadas inclúe un procesador Intel Core i7 a 2,4 GHz e gráfica AMD Radeon 6770M.
A mellora de procesadores e de gráficas é unha nova excelente para que tivera pensado mercar un portátil novo, ao non terse modificado o prezo dos equipos.

Novas configuracións base dos distintos modelos de MacBook Pro

PUBLICIDADE