Apalabrados chega mañá a BlackBerry 10

mércores, 6 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Atendendo ás peticións dos usuarios da nova plataforma móbil de BlackBerry, Etermax adaptou o seu célebre xogo Apalabrados para terminais BlackBerry 10, que estrearase mañá mesmo, permitindo que os usuarios de smartphones como o BlackBerry Z10 poidan gozar deste popular xogo multiplataforma de balde, incluíndo todas as prestacións das que xa gozan os usuarios de iOS e Android: un perfil de usuario con estatísticas propias e dos opoñentes, opcións para compartir as xogadas, acceso á listaxe de partidas, funcionalidade de toque e incluso a posibilidade de deixar pezas no taboleiro antes da nosa quenda (para ir adiantando a xogada.
O xogo, que onte actualizou a súa versión para Android (para corrixir erros), permite xogar en 12 idiomas distintos, entre os que figuran o español, o catalán e o éuscaro, estando previsto que este mesmo mes incorpore o galego, tal e como aseguraran dende Etermax o pasado verán.

Apalabrados chega a BlackBerry 10 coas mesmas prestacións que as súas versións para iOS e Android

ACTUALIZACIÓN (7-3-2013): A aplicación de Apalabrados para BlackBerry 10 xa está dispoñible en BlackBerry World.

PUBLICIDADE