Anuncian os xogos que poderán descargar de balde os usuarios de Xbox LIVE Gold en agosto

xoves, 1 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Dead Rising 2 é o principal xogo que poderán descargar de balde en agosto os usuarios de Xbox LIVE Gold

Microsoft está a regalar xogos en formato descargable para os usuarios de Xbox LIVE Gold, a razón dun par de títulos por mes, aínda que en agosto van ser especialmente xenerosos pois, tras ofrecer Crackdown na primeira quincena, na segunda metade do mes permitirán a descarga de Dead Rising 2 incluíndo tamén a súa expansión Dead Rising 2: Case Zero (un completo prólogo do xogo).
Crackdown é un título de acción con modo multixogador en liña para 2 xogadores que normalmente ten un prezo de 14,99 euros, mentres que o grande xogo de matar zombis Dead Rising 2 (destacando polo seu humor e pola posibilidade de combinar armas de xeito creativo) véndese normalmente a 29,99 euros (aos que habería que sumar 400 Microsoft Points pola súa expansión).

Os usuarios de Xbox LIVE Gold poden descargar de balde dende hoxe o xogo Crackdown

PUBLICIDADE