Anuncian lotes de PS4 con Red Dead Redemption 2

luns, 24 de setembro do 2018 Marcus Fernández

O xogo multiplataforma máis esperado do ano, Red Dead Redemption 2, chegará finalmente ás tendas o 26 de outubro, e dende Sony queren aproveitar a ocasión para pór á venda lotes das súas consolas con este grande título, sendo a edición máis destacable a que inclúe unha PlayStation 4 Pro con 1 TB de disco duro, un mando DUALSHOCK 4 e o xogo nun disco Blu-ray. Esta edición sería a que permitiría gozar do grande xogo de Rockstar con 4K e HDR.
Pero os usuarios que prefiran a PlayStation 4 normal, tamén poderán facerse co modelo con 1 TB de disco duro, co xogo en formato físico (por desgraza, a edición con 500 GB de disco duro limitará a súa distribución ao Reino Unido).
Estas edición de consolas PlayStation 4 con Red Dead Redemption 2 xa están dispoñibles para a súa reserva.

PUBLICIDADE