Antonio Torrado abordará os retos da intelixencia artificial en Vigo

venres, 26 de maio do 2023 Marcus Fernández

O vindeiro mércores ás 19:30 a Delegación de Vigo do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) acolle unha conferencia de Antonio Torrado González (SDG Group) sobre FantasIA, realidade e riscos na intelixencia artificial, dirixida a colexiados do ICOIIG, asociados da AIIG e calquera persoa con perfil STEM ou interese pola tecnoloxía e a intelixencia artificial.
O físico galego e socio director da área de BIg Data & Advanced Analytics de SDG Group abordará temas actuais como os medos derivados do uso de dispositivos dotados de intelixencia artificial ou as oportunidades que supón a intelixencia artificial para o avance da sociedade e a resolución de moitos retos, salientando o papel protagonista que Galicia pode adoptar neste ámbito.

PUBLICIDADE