Anker prepara unhas lentes con son integrado
mércores, 13 de outubro do 2021
En novembro teremos no mercado as novas lentes de sol Soundcore
Frames con audio, que destacan por ter un deseño elegante con 10 monturas
distintas a elixir, das que unha contará con cristais polarizados que bloquean
o 99% dos raios ultravioleta.
Estas lentes integrarán 4 altofalantes situados ao redor dos ouvidos do usuario
e 2 micrófonos para conseguir captar a voz de xeito nÃtido eliminando o ruÃdo
ambiental, de xeito que poden empregarse para escoitar música até 5,5 horas
seguidas, asà como para realizar chamadas de voz. Tamén contarán con
resistencia IPX4, de xeito que sobrevivirÃan a molladuras accidentais.
Non son as primeiras lentes con son Bluetooth do mercado, pero si son as
primeiras con tal diversidade de estilos, e incluso contan cunha
páxina web para poder probar virtualmente como nos sentarÃan as distintas
monturas para que poidamos elixir a que máis encaixa co noso estilo
persoal.
Prevese que Amazon vaia vender as Soundcore Frames a
partir do 1 de novembro a un prezo de 199,99 dólares, podendo adquirirse cada
montura adicional por 49,99 dólares, aÃnda que tamén poderán mercarse a través
de moitos outros distribuidores, entre os que non faltarÃa a propia marca Anker,
que resulta ser a propietaria desta liña de lentes de sol con audio integrado.
- As novas lentes contará con varios altofalantes para conseguir que o son envolva ao usuario