Animal Crossing supera en vendas a Mario e Zelda nas Nintendo 3DS xaponesas

xoves, 27 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que o éxito das Nintendo 3DS está intimamente ligado ao lanzamento de grandes xogos como The Legend of Zelda: Occarina of Time, New Super Mario Bros. 2, New Super Mario 3D Land e Mario Kart 7, parece que Mario e Zelda non son os únicos que acaparan as vendas para a última portátil de Nintendo, pois o xogo que vén de superalos en vendas no Xapón non é outro que Animal Crossing: New Leaf, título que sería o primeiro en superar os 2 millóns de copias vendidas no mercado nipón.
No segundo trimestre de 2013 espérase que este xogo chegue ao mercado europeo, onde xa conseguiron bos resultados outras entregas da saga para Nintendo DS e Wii, polo que o seu éxito parece garantido.


Trailer do xogo

JPEG - 39.7 KB
Animal Crossing conseguiu superar a Mario e Zelda no Xapón
JPEG - 38.9 KB
O lanzamento europeo do xogo agárdase para o segundo trimestre de 2013

PUBLICIDADE