Angry Birds: Star Wars recibe a súa primeira actualización de balde

xoves, 29 de novembro do 2012 Marcus Fernández

O xogo Angry Birds: Star Wars recibe unha actualización de balde que engade o planeta Hoth a este grande título de Rovio ou, o que é o mesmo, 20 novos niveis nos que controlar a paxaros caracterizados dos protagonistas da saga cinematográfica de George Lucas para derrotar aos malvados porcos verdes que representan ao Imperio. Incluíndo este tipo de actualizacións o que conseguen é que os usuarios que xa mercasen este título poidan gozar do mesmo durante máis tempo, á vez que se atrae a novos compradores, que ven como garantía da súa compra que o xogo manterase vivo durante meses.
Coa chegada de Hoth a Angry Birds: Star Wars podemos entender que o videoxogo está a comezar a historia que podiamos ver na película O Imperio Contraataca, polo que dáse a entender que contaremos con todos os momentos máis significativos da triloxía orixinal da saga galáctica, detalle que garantirá a fidelidade dos seareiros da franquía.


Trailer da primeira actualización de Angry Birds: Star Wars


Vídeo con imaxes dos novos niveis para Angry Birds: Star Wars

PUBLICIDADE