Angry Birds Star Wars II estrearase simultaneamente en iOS, Android e Windows Phone 8

venres, 23 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Rovio quere animar o lanzamento do seu agardado Angry Birds Star Wars II, polo que hoxe estrea un trailer titulado Join the Pork Side no que o porco verde que fai do Emperador de Star Wars conta coa voz do actor orixinal (Ian McDiarmid), o que é un interesante reclamo para o que será o xogo máis ambicioso desta franquía.
Angry Birds Star Wars II revolucionará a saga dos paxaros anoxados por varios motivos: por unha banda temos que o xogo estrearase mundialmente o 19 de setembro con versións para iOS (como aplicación universal), Android e Windows Phone 8 (en vez de estrearse máis tarde en móbiles co sistema operativo de Microsoft), contará con máis de 30 personaxes do universo de Star Wars, permitirá controlar aos porcos por primeira vez nun xogo de Angry Birds e introducirá os TELEPODS, figuras físicas que poderán introducirse no xogo colocándoos sobre a cámara do noso dispositivo móbil (o que parece querer replicar o éxito dos xogos de Skylanders).


Novo trailer de Angry Birds Star Wars II

PUBLICIDADE