Angry Birds Rio chega finalmente ao Android Market
mércores, 30 de marzo do 2011
O pasado dÃa 21
estreábase na App Store o xogo Angry
Birds Rio, como un crossover
entre unha pelÃcula da 20th Century Fox e o máis popular xogo de Rovio, para
chegar aos dispositivos co sistema operativo Android unhas horas
despois a través da Amazon Appstore, plataforma de descarga de aplicación
non dispoñible fóra de EE.UU. e Reino Unido, de xeito que esta última entrega
das aventuras dos paxaros anoxados na súa versión para Android estaba secuestrada para os usuarios españois, o
que vén de solucionarse ao chegar hoxe ao Android Market, repetindo o seu
modelo de negocio: a súa descarga é de balde por integrar publicidade dentro do
xogo.
Como a versión para iOS, o Angry
Birds Rio para Android conta con
60 niveis repartidos en 2 episodios: o primeiro, Smuggler’s Den, no que debemos liberar a numerosos paxaros das súas
gaiolas; e Jungle Escape, no que hai
que derrotar a unha serie de macacos para enfrontarse finalmente o paxaro
malvado da pelÃcula Rio, que fai o
papel de xefe final, unha innovación
neste tipo de xogos. Nos vindeiros meses deberÃan chegar 4 episodios máis para
ampliar a vida deste entretido tÃtulo que consolida a saga de Angry Birds.