Angry Birds Go!</Em> por fin pode descargarse dende España

mércores, 11 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Rematou a espera, e dende hoxe, os afeccionados aos paxaros anoxados de Rovio e de xogos como Mario Kart poden xa descargar para os seus dispositivos con iOS, Android, Windows Phone 8 (para terminais cun mínimo de 1 Gb de RAM) e BlackBerry 10 o agardado Angry Birds Go!, o primeiro xogo tridimensional dos Angry Birds que pode gozarse de balde (inclúe compras dentro do xogo) e permite gozar de moitas horas nas que botar carreiras de karts por numerosos circuítos empregando como pilotos aos paxaros máis coñecidos do lecer electrónico (con cadanseu poder especial) e incluso aos malvados porcos verdes.
O xogo reparte as carreiras en 4 escenarios con 3 circuítos cada un, nos que podemos desbloquear aos distintos pilotos e participar nos modos de Carreira, Tempo Bomba, Apisoafroita e Versus, gañando puntos para poder mellorar o novos vehículo e así poder progresar no xogo. Unha vez superados cada un dos modos de cada circuíto abrirase a posibilidade de volver a xogalos nun modo adicional que consiste en superar retos propostos (chegar en primeira posición, superar certa lonxitude nun salto, chocar contra outro xogador, gañar a carreira apañando poucas moedas...) facendo que o xogo non perda interese despois de bastante horas.


Trailer de lanzamento de Angry Birds Go!

PUBLICIDADE