Angry Birds Friends anÃmanos a competir cos nosos amigos de Facebook na loita contra os porcos verdes
xoves, 2 de maio do 2013
O popular xogo Angry Birds leva un tempo integrado en Facebook
para tirar proveito das posibilidades sociais da plataforma para animar aos
amigos a competir polas mellores
puntuacións, e hoxe deron un paso adiante levando este modelo a dispositivos
móbiles ao estrear na
App Store e en
Google Play o xogo de balde Angry
Birds Friends, que anima aos seareiros dos paxaros anoxados a participar
en retos semanais contra os seus amigos de Facebook.
Cómpre destacar que estamos ante un xogo Freemium, ou sexa, que é posible xogar
de balde, pero tamén pódense mercar moedas do xogo para poder adquirir axudas
que faciliten conseguir mellores puntuacións empregando distintos poderes para os paxaros, de xeito que
faise máis doado superar certos niveis moi complicados, á vez que increméntase
a competencia no xogo (animando aos usuarios a investir cartos no xogo para
conseguir superar as marcas dos seus amigos). As competicións no xogo botarán a
andar o vindeiro luns.
- Angry Birds Friends emprega power-ups como elementos chave para o seu modelo Free-to-Play
Pero esta no é a única novidade que estes dÃas chega para os seguidores dos
paxaros anoxados de Rovio, senón que tamén veñen
de renovar o seu xogo orixinal para Windows Phone, que inclúe máis de 400
niveis (e no caso de Windows Phone 8 intégrase en Xbox LIVE) que ata
o vindeiro 15 de maio poderá descargarse de balde (os usuarios que xa
mercaran o xogo deberán descargar esta nova versión se queren gozar dos novos
niveis, pois estamos ante aplicacións diferentes).
Un detalle salientable desta nova versión é que está
optimizada para poder funcionar en terminais con pouca memoria, como os
Nokia Lumia 510 e 610.