Ana Torroja e Porretas estrean cancións na SingStore
luns, 20 de xullo do 2009
- Ya No Te Quiero de Ana Torroja, incorpórase coma descarga para o SingStar
Este xoves a
tenda musical para o SingStar incorpora
unha chea de cancións entre as que destacan uns grupos de temas esenciais para mozos (U Can’t Touch This de MC Hammer, Losing My Religion de R.E.M., High and Dry de Radiohead, She’s So Lovely de Scouting For Girls e Pumping on my stereo de Supergrass) e
para mozas (Never Ever de All Saints,
Respectable de Mel and Kim, Bitch de Meredith Brooks, We Are Family de Sister Sledge e Greatest Love Of All de Whitney Houston), asà coma unhas cancións en holandés (Ik Tel Tot 3 e Per Spoor de Guus Meeuwis), finés (Che Guevara e Hirsipuu de
Happoradio), francés (Nos Souvenirs
de Quidam), italiano (Ascolta, Nel Silanzo, Oggi, Standby e Tra Pioggia E Nuvole de Lost), portugués
(Dancemos No Mundo de Sérgio Godinho)
e español (Ya No Te Quiero de Ana
Torroja e Pongamos Que Hablo De Madrid
de Porretas).
Os temas en inglés que chagarán esta semana á SingStore tamén son bastante
variados: Goody Two Shoes (Adam Ant),
End of Love (Anna Abreu), Life In Technicolor II (Coldplay), Everything Counts (Depeche Mode), Dr. Beat (Gloria Estefan), Fire (Kasabian), Promise(Krezip), Mambo Nº 5
(Lou Bega), You Only Tell Me You Love Me
When You’re Drunk (Pet Shop Boys), Fat
Bottomed Girls, I’m In Love With My
Car, Somebody To Love, Tie Your Mother Down e You’re My Best Friend (Queen), I Drove All Night (Roy Orbison), Smooth Operator (Sade), Mary (The 4 Of Us), In The Morning (The Coral), Stay
Positive (The Hold Steady) e Time
Flies (Vaya Con Dios).
Dende Sony tamén advirten que os usuarios que mercasen anteriormente Charmless Man de Blur que borren o tema
da súa consola e volvan a descargalo a partir do xoves, para contar cunha
versión da canción que estea ben
sincronizada.