Amosan o que poderÃa ser o vindeiro redeseño da páxina web de Twitter
martes, 11 de febreiro do 2014
Mashable
está a dar conta dun redeseño que está a probar Twitter, e que poderÃa
lembrarnos a outras plataformas sociais como Facebook e Google+, tratándose
posiblemente nun dos cambios estéticos máis profundos na historia de Twitter
(no caso de producirse) e que no caso dos perfÃs de usuario amosa unha grande
fotografÃa de cabeceira da que sobresae na parte inferior esquerda a fotografÃa
do perfil de usuario baixo a que se colocarÃa a habitual columna esquerda de
Twitter, adoptando un deseño máis plano e dando unha maior relevancia ás imaxes
e ás fichas de contido. O deseño actual de Twitter presenta na súa cabeceira as
opcións de ChÃos, Seguindo e Seguidores, mentres que os Favoritos, as Listaxes
e as Fotos e VÃdeos permanecen nun lateral, mentres que con este redeseño
pasarÃan todos os elementos á cabeceira, o que parece unha boa mellora na
usabilidade.
É habitual que os futuros cambios de Twitter pasen por unha fase de proba moi
reducida, para ver a súa aceptación e logo decidir se deben aplicalos a todos
os usuarios, e dado que Twitter renovou o deseño da súa páxina web nos últimos
dÃas, dá a impresión de que foi só un primeiro paso de cara ao deseño que veñen
de amosar dende Mashable.
- O redeseño de Twitter, pese a amosar unha semellanza demasiado esaxerada ao de Facebook, parece unha boa mellora na usabilidade da páxina web