Amosan como será o smartphone con pantalla holográfica de RED
xoves, 3 de agosto do 2017
O anuncio por parte de RED de que estaba
a preparar un smartphone con pantalla holográfica, e que o seu prezo serÃa
de 1.195/1.595 dólares, espertou moita expectación, aÃnda que as moitas
incógnitas facÃan que fose difÃcil saber o que vai ser o produto final, pero un
dos entusiastas deste fabricante de cámaras para fotografÃa e cine dixital, o youtuber Marques Brownlee, vén de contribuÃr
a clarexar o asunto no seu último vÃdeo,
no que amosa un prototipo do teléfono.
O RED Hydrogen One será un smartphone modular cunha pantalla holográfica de 5,5
polgadas da que aÃnda pouco podemos saber (e que difÃcil será perceptible en
vÃdeo como recoñece o propio Brownlee), pero o que si vemos agora con detalle é
o deseño case final do produto, cun tamaño moi superior ao que estamos afeitos
(serÃan incluso maior que o iPhone 7 Plus), uns laterais pensados para un forte
agarre cos dedos (e cun botón dedicado especificamente para a gravación de
vÃdeo), altofalantes estéreo na súa parte frontal e, como detalle máis
importante, unha grella de pins na
súa parte traseira para conectar módulos, entre os que puidemos ver un módulo
de cámara que resulta especialmente interesante (e que parece ser para o que
está pensado principalmente este dispositivo).
Espérase que nalgo máis dun mes poidan verse prototipos máis avanzados deste
smartphone que chegará ao mercado a primeiros de 2018, aÃnda que en calquera
caso resulta evidente que non está destinado ao público xeral, senón a usuarios
dun perfil profesional (ou semi-profesional) que precisen de gravar vÃdeo con
grande calidade e queiran ter unha alternativa compacta e versátil ás cámaras
RED, como a RED
Raven, que curiosamente estes dÃas iniciou a súa comercialización en exclusiva
nas tendas oficiais de Apple (a un prezo de 14.999,95 dólares incluÃndo os
accesorios necesarios para operar e o programa Final Cut Pro X).
VÃdeo de Marques Brownlee no que se deixa ver un prototipo do smartphone RED Hydrogen One