América recibirá as emisións da CRTVG da man de Telefónica

martes, 16 de xuño do 2020 Redacción

Telefónica transmitirá a América o sinal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), tras gañar o concurso convocado pola Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA), no que se inclúe tamén a transmisión do sinal de Euskal Telebista (ETB) a ese continente.
O contrato contempla a retransmisión ao continente americano da canle de televisión Galicia TV América e as emisoras de radio Son Galicia Radio e Radio Galega. Para iso, Telefónica codifica e multiplexa o sinal da CRTVG e envíaa ao satélite Hispasat H30 W5 desde o teleporto que a compañía ten en Armuña de Tajuña (Guadalajara). O sinal recíbese durante 24 horas, os 365 días do ano e en todo o continente americano, fóra dunha zona do nordeste do Brasil.
O contrato da FORTA inclúe tamén a retransmisión do sinal de Euskal Telebista, que emitirá en América a Canle Vasca de televisión e as emisoras de radio Euskadi Irratia e Radio Euskadi.

PUBLICIDADE