Amena propón levar a Rede ao fogar a través de 4G
mércores, 25 de setembro do 2013
A principal vantaxe das conexións móbiles 4G non é a súa
velocidade, senón a súa reducida latencia, que fai que este tipo de
comunicacións poidan equipararse á das redes fixas, e iso levou a Amena a
sorprende ao anunciar que non só vai comezar a ofrecer 4G aos seus clientes
actuais de telefonÃa móbil, senón que tamén estrea o servizo amena.com en casa que consiste nunha
tarxeta SIM e nun router 4G-Wi-Fi que cómprase no momento da alta e que
facilita unha conexión á Internet de entre 20-50 Mbps cun tope de 10 Gbytes de
descarga (tras os que redúcese a velocidade a 128 Kbps) por 25 euros/mes (aos
que haberÃa que engadir o IVE, os 99 euros do custo do router e os 3 euros polo
envÃo e a tarxeta SIM).
Deste xeito, Amena
ofrece unha alternativa ao ADSL e a fibra óptica para os que queren
conectarse á Internet dende o fogar cunha boa velocidade, pero nin precisan
dunha liña de teléfono fixo nin fan un uso intensivo da Rede. O servizo non
precisa de instalación, carece de compromiso de permanencia (e incluso permiten
probalo durante 7 dÃas) e non está limitado a un único domicilio. Esta solución
só precisarÃa dunha zona con cobertura 4G de Amena, que por desgraza aÃnda é
moi limitada, chegando polo momento a áreas de Madrid, Barcelona, Zaragoza,
Bilbao, Valencia, Murcia, Málaga e Sevilla, aÃnda que esta solución tamén
permite acceder á Rede a través de 3G.
Este tipo de solucións poden resultar interesantes incluso para zonas ás que
non cheguen tecnoloxÃas de banda larga fixa (como o rural) ou mesmo para
segundas vivendas ou para empregar nas vacacións, polo que non serÃa de
sorprender que fose emulada nos vindeiros meses por boa parte dos operadores
móbiles actuais.