Ambar impulsa dende Ribeira un obradoiro de formación en competencias dixitais

xoves, 6 de outubro do 2022 S. P.

A Sala Fervenza do Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, en Ribeira, foi este mércores 5 de outubro o escenario para o obradoiro de formación en competencias dixitais e acceso a portais de emprego a través de Inserta Empleo de Fundación ONCE.
A este obradoiro impartido por Sandra Mugico, consultora de Inserta Empleo, asistiron Conchi, Olaia, María, David e Juan Ramón, persoas usuarias do servizo de emprego. Nesta xornada tamén estivo presente Daniel Tojo como orientador laboral e coordinador da área de emprego da Asociación Ambar.
Este espazo de emprego inclusivo nace co obxectivo de mellorar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas con diversidade funcional e garantir a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego.
Inserta Empleo nace co compromiso de favorecer a inclusión social plena no entorno laboral. As máximas desta entidade sen ánimo de lucro que prosigue coa filosofía da Fundación ONCE son o apoio á autonomía, a formación e o emprego de calidade con expectativas a largo prazo.

PUBLICIDADE