Amazon renova os seus tablets
mércores, 25 de setembro do 2013
Nas últimas horas Amazon anunciou unha completa renovación
da súa familia de tablets Kindle Fire, para o que decidiron lanzar unha nova
gama de maior potencia coñecida como Kindle Fire HDX en tamaños de 7 e 8,9
polgadas e prezos que parten dos 229 e dos 379 dólares respectivamente, mentres
que o tablet a anterior xeración, o Kindle Fire HD, muda de deseño para
conseguir axustar o seu prezo ata os 139 dólares, converténdose nun dispositivo
moi atractivo para a súa compra de cara á campaña de Nadal.
Os novos Kindle Fire HDX
funcionan cun procesador Qualcomm Snapdragon 800 de catro núcleos a 2,2 GHz e 2
Gb de RAM, gozan de pantallas de grande definición, a súa conexión Wi-Fi está
deseñada para acadar grandes velocidades, ofrécese en capacidades de
almacenamento interno de 16, 32 e 64 Gb, son delgados, lixeiros e cunha
autonomÃa claramente superior ás dos seus predecesores.
- Os Kindle Fire HDX gozan dunha grande potencia e autonomÃa
Se entramos no detalle vemos que o Kindle Fire HDX de 7 polgadas ten unha
pantalla cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles, ten altofalantes estéreo,
cámara frontal de alta definición, un grosor de 9 milÃmetros, un peso de 303
gramos e unha autonomÃa de 11 horas para un uso variado (ou ata 17 horas para
lectura). Máis impresiona o Kindle Fire HDX de 8,9 polgadas, pois a súa pantalla
ten unha impresionante resolución de 2.560 x 1.600 pÃxeles, engade unha cámara
traseira de 8 MpÃxeles, o seu grosor redúcese ata os 7,8 milÃmetros, pesa 374
gramos e a súa autonomÃa é de 12 horas para un uso variado (ou ata 18 horas
para lectura). A súa venda nos EE.UU. está prevista para o 18 de outubro,
podendo xa reservarse, mentres que o lanzamento en España aÃnda non ten data.
Pola súa banda, o novo
Kindle Fire HD porase á venda o 2 de outubro, e apenas presenta cambios
fronte ao modelo actual, agás que muda lixeiramente a súa forma, reduce o seu
prezo 60 dólares e funciona co novo Fire OS 3.0 (última versión do sistema
operativo dos tablets de Amazon, que é unha variedade de Android).
AÃnda que estamos ante tablets baseados en Android, están optimizados para a
adquisición e contidos achegado por Amazon, o que no caso español non resulta
moi relevante (o catálogo audiovisual de Amazon está dirixido principalmente ao
mercado norteamericano). Unha das funcionalidades que poden resultar máis
interesantes destes tablets para o fogar son as posibilidades de conexión co
televisor, de xeito que podemos conectar o tablet a un televisor por HDMI para
presentar en grande tamaño os vÃdeos que desexemos reproducir mentres mantemos
os controis multimedia na pantalla do tablet ou incluso podemos facer espello
dos contidos que teñamos no tablet de contar con televisores ou accesorios
compatibles coa tecnoloxÃa Miracast.