Amazon presenta oficialmente o seu lector de libros electrónicos
luns, 19 de novembro do 2007
Despois de moitos rumores, Amazon
confirma a existencia do seu lector de libros electrónicos por todo o
grande cunha aparición do
fundador da tenda electrónica na portada da revista Newsweek posando co novo
trebello que mediante unha pantalla de tinta electrónica dunhas 6 polgadas e
cun peso de só 300 gramos
permite a lectura de contidos electrónicos coma se estivesen impresos en papel.
O Amazon
Kindle custará 399 dólares, e os libros que
Amazon venderá para o mesmo custarán uns 9,99 dólares, aínda que mediante o
pago de cotas mensuais tamén permitirá o acceso a contidos coma xornais, blogs
recomendados e mesmo á Wikipedia. Para tal fin o dispositivo tamén conta con
conectividade EV-DO (equivalente a 2,5G en EE.UU.). Este lector de libros electrónicos
ten unha autonomía dunhas 30 horas, cargándose en só 2. O prezo das comunicacións de
datos móbiles poderían estar incluídas nas cotas de subscrición a este
revolucionario servizo que iniciará Amazon esta semana.