Amazon entra no mercado dos televisores
venres, 10 de setembro do 2021
A
familia de reprodutores multimedia Fire TV medra e, aparte de anunciar o Fire
TV Stick 4K Max (basicamente unha versión máis potente dos reprodutores
anteriores), deu un paso decidido e atreveuse
a dar o salto aos televisiores coas liñas Fire TV Omni e Fire TV 4-Series.
Os televisores Fire TV Omni ofrecen imaxe 4K con HDR, HLG e son Dolby Digital,
contando incluso con Dolby Vision nos seu smodelos de 65 e 75 polgadas, e
aproveitan o asistente Alexa para que poidamos controlar o sistema directamente
coa nosa voz en mans libres, mentres que os Fire TV 4-Series inclúen o asistente
de voz no mando a distancia e ofrecen unhas prestacións algo máis limitadas.
Amais, Amazon tamén chegou a acordos con Pioneer e Toshiba, que comercializarán
televisores que tamén integrarán Alexa en mans libres, polo que a tecnoloxÃa de
asistencia mediante a voz de Amazon conseguirá chegar a cada vez máis fogares.
Os televisores Fire TV Omni chegarán ao mercado en tamaños de 43, 50, 55, 65 e
75 polgadas con prezos que van dende os 409,99 e os 1.099,99 dólares, mentres
que os Fire TV 4-Series confórmanse con tamaños de 43, 50 e 55 polgadas con
prezos de entre 369,99 e 519,99 dólares.
Polo momento non sabemos se Amazon traerá estes televisores ao mercado español,
pois son uns produtos bastante complicados de comercializar e con prezos que
polo momento non resultan especialmente atractivos, estando na liña do que xa
ofrecen outros fabricantes, sendo o único elemento que marque a diferenza o uso
de Alexa sen mando nos modelos da familia Omni.