Amazon comeza a comercializar en España os dispositivos eero
mércores, 25 de setembro do 2019
Nos últimos anos gañaron moita relevancia no mercado as
solucións de redes Wi-Fi tipo mesh ou malla, que en moitas ocasións son
a solución ideal para poder gozar dunha boa conexións á Internet en todo o
fogar, especialmente no contorno actual na que as redes de cable non son unha
solución válida xa que a meirande parte dos trebellos conectados (smartphones,
tabletas, consolas de videoxogos portátiles...) acceden á Rede sen fÃos.
O número de compañÃas que comercializan este tipo de solucións é bastante
reducido, e unha destas marcas, eero, por fin chega a España de xeito oficial,
da man de Amazon, que achegará tanto a versión básico como a máis completa,
adaptándose ás demandas e economÃas de diferentes fogares e oficinas.
A solución máis accesible serÃa a dos dispositivos eero, que son unha
especie de routers Wi-Fi que poden funcionar en malla, e que pode
mercarse un por separado a 109 euros (co que deberÃa cubrir espazos de até 140
metros cadrados) até un lote de 3 (para cubrir espazos de até 460 metros
cadrados).
Temos asà unha solución para o fogar conectado que, en distribucións máis
complexas ou para usuarios máis esixentes non serÃa dabondo, de aà que tamén
estean dispoñibles os dispositivos eero Pro, que venderanse
a 199 euros a unidade e a 499 euros o grupo de 3, e que conseguirÃan un mellor
desempeño xa que utilizarÃan 3 bandas para operar (mentres que a versión básica
limÃtase a 2).
Este tipo de dispositivos non só poden servir para eliminar as zonas de sombra
da nosa rede Wi-Fi, senón que tamén facilitan unha xestión intelixente da rede
doméstica, podendo revisar o seu uso, facilitar o acceso a convidados e pór en
pausa a conexión.