Altofalantes para o iPhone e o Samsung Galaxy S

mércores, 7 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Que no sector dos móbiles Apple e Samsung sexan grandes competidores non quere dicir que o fabricante surcoreano poida permitirse ignorar o éxito da compañía de Cupertino á hora de deseñar os seus produtos, de aí que a súa nova gama de altofalantes para reprodutores multimedia portátiles sorprenda lixeiramente por incorporar soporte tanto para iPhone/iPod Touch como para dispositivos como o Samsung Galaxy S.
Concretamente falamos do Samsung DA-E550, uns altofalantes de dúas canles e 10 W de potencia, que conta cunha aparencia curvada bastante orixinal e moderna, que comparte tamén coa base de reprodución DA-E650 (con 40 W de saída e subwoofer de 20 W); mentres que a base DA-E670 (con 100 W de saída e subwoofer de 60 W) opta por un formato de caixa cun acabado elegante que o fai axeitado para o fogar e incluso con conectividade Bluetooth para poder comunicarse co noso reprodutor multimedia sen fíos.

Os altofalantes Samsung DA-E670 achegan potencia e elegancia

PUBLICIDADE