Altofalante para o coche e o fogar

venres, 9 de abril do 2010 Marcus Fernández

Sony presentou no Xapón un interesante altofalante chamado Sound Mug, que ten forma de taza-termo para o café, o que facilita a súa colocación nos soportes para bebidas dos automóbiles, destacando por ofrecer son de 360 graos.
Este dispositivo está pensado coma complemento ideal para os móbiles Sony Walkman, que tanto serve para colocar no centro do salón da casa coma levalo para o coche (pode alimentase a través do acendedor do vehículo). Ten unha potencia de 12 W, mide 21,6 cm. de alto e o seu peso é de 540 graos.

O Sony Sound Mug pode utilizarse con certa comodidade no coche


Vídeo de presentación do Sony Sound Mug

PUBLICIDADE