Altia e Liferay anuncian unha alianza estratéxica para transformar as experiencias dixitais en España

martes, 5 de maio do 2026 S. P.

Altia, compañía tecnolóxica galega con máis de 30 anos de experiencia acompañando ás organizacións nos seus procesos de transformación tecnolóxica, e Liferay, Inc., provedor líder de Plataformas de Experiencia Dixital (DXP), anunciaron unha alianza estratéxica deseñada para dotar ás organizacións en España das ferramentas necesarias para crear, xestionar e escalar experiencias dixitais de primeiro nivel.
Explican que “grazas á combinación da DXP cloud-native de Liferay e a ampla experiencia de Altia aplicando unha visión innovadora da tecnoloxía a proxectos de alto impacto para organizacións de todo o mundo”, poderase acelerar o tempo de lanzamento ao mercado de solucións personalizadas e centradas no cliente, que respondan as esixencias cambiantes dunha audiencia cada vez máis dixital.
“Converternos en partner de Liferay reforza o noso compromiso coas plataformas dixitais como motor de crecemento para as organizacións”, sinalou Víctor Fariña, director de Dixital Experience & Content Platforms en Altia, engadindo que “na empresa levamos máis de 15 anos traballando para que os nosos clientes saquen o máximo partido de Liferay, combinando tecnoloxía, experiencia e coñecemento do negocio para crear solucións que evolucionan co tempo e xeran un impacto real nas organizacións”.
Pola súa banda, Beatriz Escobar, xestora xeral de Liferay en España e Portugal, explicou que “en Liferay, os partners forman parte esencial das nosas operacións, e agora poderemos contar coa experiencia de Altia e a súa capacidade para sacar partido da plataforma Liferay, axudando aos clientes para obter resultados de forma máis rápida”.
Como novo socia estratéxica, a firma de Oleiros participará como patrocinadora no evento anual de clientes o Liferay Customer Summit, que terá lugar o próximo 27 de maio no Teatro Caixabank Principe Pío. Nesta 5º edición, Liferay presentará as súas últimas innovacións tecnolóxicas dedicadas á transformación das experiencias dixitais no mercado español.
En virtude desta colaboración, a empresa galega incorpórase a un ecosistema global (o de Liferay) formado por máis de 360 partners en 67 países, dedicados a axudar ás organizacións para resolver retos empresariais complexos mediante tecnoloxía flexible.