Altec Lansing viste de negro os seus sistemas de son para ir a xogo cos novos iPod

venres, 16 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O fabricante Altec Lansing lanza novas versións en negro dos seus sistemas de son inMotion para iPod (o iM7 Black, o M602 Black e o iM11 Black) de xeito que se adapta ás nova tendencias da tempada e ós novos modelos de reprodutores multimedia de Apple.
O iM7 Black é un sistema de audio portátil para o iPod que nun pequeno tamaño achega 20 W de potencia cunha autonomía de 24 horas que se vende a 199,90 euros; o M602 Black permite converter os iPod en equipos de alta fidelidade, con 60 W de potencia e 4 altofalantes que se vende a 189,90 euros e, finalmente, o iM11 Black é outro sistema portátil que coa mesma autonomía que o iM7 achega unha maior liberdade de movemento por 89,90 euros.
Estes novos equipos de son de distribúen en España a través de Memtec.

PUBLICIDADE