Allariz presenta unha web para fomentar a convivencia e a igualdade

mércores, 25 de novembro do 2020 S. P.

JPEG - 80.7 KB
Maribel Poisa, Iago Santas, Ana Pérez e Uxía Fernández na presentación da plataforma

O Concello de Allariz presentou este 25 de novembro, coincidindo coa celebración da loita mundial contra a violencia de xénero, unha nova plataforma web para facer avanzar a igualdade e a convivencia a nivel local e global. O espazo en liña, aloxado na web municipal, ten a súa orixe na “situación que estamos a vivir coa COVID-19” e “na necesidade de seguir traballando pola igualdade e a prevención das violencias”, en palabras da concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa, que engadiu que se trata dunha “ferramenta para a consulta, para achegar información, para dar difusión e formación e para asesorar a toda a veciñanza”. Nela, engadiu, atoparemos contidos que “nos axuden a vivir, expresarnos, relacionarnos e conducir a nosa vida dende unha actitude máis compresiva e máis convivinte”.
A Plataforma pola Convivencia do Concello de Allariz inclúe contidos para a convivencia, contidos formativos (obradoiros e podcasts impartidos por profesionais do socioeducativo, familias, persoal municipal, tc), contidos de comprensión (libros, libretos e folletos, un espazo adicado ás referencias bibliográficas sobre temáticas da e para a convivencia, en diferentes formatos e para diferentes perfís) e contidos de cultivo (asesoramento sexolóxico para a mocidade, trátase dun espazo para poder realizar a poboación máis nova consultas relacionadas coa sexualidade, nun formato que garante a confidencialidade e o anonimato).

PUBLICIDADE