Alienware lanzará en setembro un ordenador con forma de consola de videoxogos
martes, 10 de xuño do 2014
AÃnda que o pasado outono Steam anunciaba que este ano estarÃan á
venda as primeiras Steam Machines, ordenadores deseñados para os videoxogos
como uso principal, o proxecto está adiado, o que non fai que os fabricantes
permanezan estáticos, e Alienware está a aproveitar a feira E3 para amosar o que serán os
seus equipos de escritorio disfrazados de consola.
O Alienware Alphna chegará este ano con Windows 8.1 (en vez de SteamOS)
pensando en conectarse directamente ao televisor do salón coma se fose unha
consola de videoxogos, para o que tamén podemos gozar de interfaces como Steam
Big Picture (para acceder de xeito áxil e cómodo aos nosos xogos preferidos)
mantendo unha estética que faga pensar que temos unha consola tradicional, cando
realmente estamos ante un equipo informático.
AÃnda que este equipo será compatible co mando da PS3 e o futuro Steam
Controller, lanzarase inicialmente co mando da Xbox 360 (considerado como o gamepad mellor aceptado en escritorios
informáticos actualmente) e partirá dun equipo básico que por uns 550 dólares
ofrecerá un procesador Intel Core i3 con gráfica nVIDIA Maxwell con 2 Gb de memoria GDDR5, 4 Gb de RAM, 500 Gb de disco
duro, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, saÃda e entrada HDMI, Gigabit Ethernet, saÃda óptica
de audio, 2 portos USB 3.0 e 2 porto USB 2.0; equipo máis que suficiente para a
meirande parte dos xogos actuais, aÃnda que será posible configuralo con procesadores
até un Intel Core i7 e con discos duros de 1 ou 2 Tb, o que permitirÃa que o
equipo tivese unha vida máis longa e ofrecese un rendemento superior, aÃnda que
cómpre lembrar que estamos ante un equipo actualizable, o que supón a súa
principal vantaxe fronte ás consolas de videoxogos de nova xeración. Espérase
que chegue ao mercado no mes de setembro.
- Entre as súas caracterÃsticas é destacable que o Alienware Alpha teña HDMI pass-through