Aliens vs Predator estrea demo multixogador
xoves, 4 de febreiro do 2010
O vindeiro dÃa 19
chegará ás tendas españolas nas súas versións para Xbox 360, PS3 e PC o agardado
xogo Aliens vs Predator desenvolvido
por Rebellion e distribuÃdo por SEGA, que hoxe mesmo estrea versión de
demostración, de xeito que os usuarios da Xbox 360 que conten con conta Gold de
Xbox LIVE poden descargala, coma os de PlayStation 3 poden facer da
PlayStation Network e os de PC de Steam, para
poder probar a experiencia de xogo das 3 especies que alà aparecen (Alien,
Predator ou marine) nun Duelo a morte en modo multixogador.
Esta
demo inclúe só un mapa, cando o xogo completo contará con 8 mapas, 7
modos multixogador e 3 campañas de un xogador, polo que os usuarios que gocen
da versión reducida non dubidarán en facerse co xogo no seu lanzamento,
especialmente se son seareiros das franquÃas cinematográficas que inspiran este
tÃtulo ou dos xogos que anteriormente enfrontaron a Aliens contra Predators.
Para poder xogar á versión de PC é preciso contar coma mÃnimo cun sistema
operativo Windows XP/Vista, un procesador Intel Pentium 4 a 3,4 GHz, 1 Gb de
RAM (en XP) ou 2 Gb de RAM (en Vista), tarxeta gráfica compatible con DirectX
9.0c con 128 Mb de memoria e 4,6 Gb de disco duro libre.