Alien: Isolation premiará as reservas con DLC moi especiais

mércores, 9 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Despois de numerosos videoxogos inspirados na franquía cinematográfica de Aliens nos que impera a acción resulta refrescante ver como SEGA aposta este ano por unha proposta de survival horror con Alien: Isolation, un xogo no que haberá que loitar pola supervivencia, resultando totalmente fútil o enfrontamento directo cun dos perigosos xenomorfos, e que para continuar a capturar o espírito do filme orixinal de Alien, o oitavo pasaxeiro, ofrecerá un contido descargable moi especial para os xogadores que reserven o xogo e que consistirá na posibilidade de introducir en Alien: Isolation aos personaxes da película de Ridley Scott.
Deste xeito, que pida o xogo de xeito anticipado, poderá gozar de 2 misións adicionais descargables que revivirán un par de clásicas escenas da película de culto contando coa presenza de Ellen Ripley (Sigourney Weaver), Dallas (Tom Skerritt), Lambert (Veronica Cartwright), Brett (Harry Dean Stanton), Parker (Yaphet Kotto) e Ash (Ian Holm). Un excelente xeito de celebrar os 35 anos desta obra mestra do cine, permitíndonos explorar dun xeito moi especial a nave Nostromo cos mesmos personaxes que o fixeran no seu día na grande pantalla.
A misión Crew Expendable estará dispoñible para os que reserven a Nostromo Edition do xogo, e permitiranos elixir a Ripley, Dallas ou Parker para percorrer a nave; mentres que Last Survivor chegará aos usuarios que reserven o xogo nalgúns establecementos especializados, e que colocaranos na pel de Ripley fuxindo da Narcissus mentres Lambert e Parker deben retornar á Nostromo para activar a auto-destrución.

JPEG - 99.4 KB
Os personaxes de Alien estarán presentes en misións descargables de Alien: Isolation


JPEG - 241.3 KB
En Alien: Isolation podemos recuperar a Ripley na súa loita pola supervivencia



Trailer exclusivo de IGN no que anuncian o retorno do reparto de Alien

PUBLICIDADE