Alien: Isolation de balde na Epic Games Store
luns, 21 de decembro do 2020
A Epic Games Store quere converterse nun digno rival de Steam,
e para fomentar o seu uso non só ten algunhas exclusivas e un grande xogo como Fortnite,
senón que tamén agasalla de cando en vez xogos como FEZ, Rayman
Legends, as entregas clásicas de Samurai Shodown ou varios xogos de
Batman, e agora, en plenas ofertas de Nadal con descontos de até o 75%, teñen
como reclamo para achegar a novos usuarios o xogo Alien:
Isolation como agasallo.
Lembremos que Alien: Isolation é un xogo de horror e supervivencia que ambientado
na franquÃa cinematográfica de Alien, no que encarnaremos a Amanda
Ripley, filla da célebre Ellen Ripley, quen explorará a estación espacial de
Sevastopol para resolver o misterio da desaparición da súa nai, atopando algo
terrorÃfico, e tendo que sobrevivir na estación labirÃntica sen equipo nin
preparación, de xeito que a súa destreza e valentÃa serán as súas principais armas
para saÃr con vida, conseguindo asà transmitir as sensacións propias da
primeira pelÃcula de Alien, na que o xenomorfo vÃase como unha criatura
coa que non era posible enfrontarse directamente dada a súa letalidade.