Alcatel presenta un smartphone con Android e pantalla de 4,3 polgadas

venres, 2 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Aínda que Alcatel é un fabricante caracterizado polos seus terminais de baixa gama, decidiu elevar o listón de cara ao Mobile World Congress de Barcelona, e así imos poder gozar en breve do Alcatel One Touch Ultra 995, un móbil con procesador Qualcomm a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 8/16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria microSD, pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles, conectividade HDMI e DLNA e funcionando co sistema operativo Android 2.3, aínda que agárdase que en abril poida gozar dunha actualización a Android 4.0.
Este smartphone podería chegar ás tendas antes de rematar o mes por un prezo libre que estaría preto dos 300 euros, que busca destacar unha interface gráfica en 3D.

PUBLICIDADE