Alan Wake estrea versión para Switch

xoves, 20 de outubro do 2022 Marcus Fernández

O videoxogo Alan Wake é un reputado thriller de acción cinematográfica que causou furor no seu lanzamento inicial para Xbox 360 en 2010, para chegar logo a outras plataformas, ás que agora súmase a Nintendo Switch, consola para a que chega Alan Wake Remastered como título descargable cun prezo promocional de 23,99 euros, o que é unha boa oportunidade para facerse con toda unha xoia que destacou pola súa orixinalidade.
No xogo tomamos o rol de Alan Wake, un atormentado escritor na procura da súa desaparecida esposa Alice, o que o somerxe nunha historia de terror no que ten que enfrontarse á crecente escuridade, de xeito que as balas non serán dabondo para derrotar a escuridade, senón que tamén haberá que empregar a luz como arma.
A historia deste xogo desenvólvese en episodios, con xiros e suspense, conseguindo así cativar a atención do xogador tanto no xogo principal como nas súas dúas expansións (The Signal e The Writer).
Está previsto que o ano que vén Remedy Entertrainment lance unha secuela de Alan Wake, de aí que esteamos nun bo momento para recuperar a aventura inicial.

PUBLICIDADE