Alan Wake adianta o seu lanzamento ao 14 de maio

mércores, 7 de abril do 2010 Marcus Fernández

Nas últimas horas anunciouse oficialmente o remate do desenvolvemento do agardado xogo Alan Wake, previsto para o seu lanzamento para o vindeiro 28 de maio, sorprendendo que modifiquen esta data para mellor, adiantando a data de comercialización en España ao 14 de maio. Microsoft vai comercializar unha edición estándar do xogo a 64,99 euros, e outra limitada para coleccionistas a 74,99 euros.
Alan Wake é un xogo de acción e terror exclusivo para Xbox 360, desenvolvido por Remedy (estudo creador da saga Max Payne) e que estrea un novo xeito de narrar historias e somerxe aos xogadores nunha aventura onde a escuridade e os pesadelos serán os meirandes inimigos. Estará estruturado en capítulos coma se dunha serie de televisión se tratase e aínda que está recomendado para maiores de 16 anos, é de agardar que teña unhas vendas globais moi importantes.

PUBLICIDADE