AirType, a tecnoloxía que busca substituír ao teclado físico

luns, 9 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Como alternativas aos teclados físicos teñen xurdido solucións como teclados proxectados por láser e, principalmente, teclados virtuais en pantalla, de xeito que poidamos gozar en mobilidade dunha experiencia que poida asemellarse ao emprego dun teclado tradicional, o que para a redacción de longos textos está moi lonxe de conseguirse, e nesa dirección propoñen agora AirType, uns accesorios que poden colocarse sobre as mans para recoñecer os movementos das mesmas, aprendendo os movementos que fan nun teclado físico, para recoñecelos aínda que non teñamos un teclado baixo os dedos, polo que funcionarían como “un teclado sen teclas”.
Esta solución non só permitiría replicar os movementos que realizamos en teclados tradicionais, senón que consistiría nun produto de reducido tamaño e peso, que podería transportarse comodamente enganchando os seus elementos no noso tablet, sen ter que cargar con aparatosos teclados, para o que acompañaría os seus dispositivos físicos con aplicacións móbiles que realizasen a predición de texto e a corrección automática que permitirse funcionar a este revolucionario xeito de interactuar con dispositivos sen teclado físico.
Este proxecto aínda está en desenvolvemento, pero parece bastante solvente se atendemos a que entre os seus mentores están figuras como Josh Baer, Bob Metcalfe ou Ben Dyer, entre outros.


Vídeo promocional do AirType

PUBLICIDADE