Agestic traballará por afianzar as novas tecnoloxías entre as empresarias galegas

luns, 21 de xaneiro do 2008 Fernando Sarasketa

A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (Agestic) vén de asumir as rendas dun proxecto convocado polo Ministerio de Industria para afianzar o uso das novas ferramentas do coñecemento entre as mulleres emprendedoras. A iniciativa, que se chama Nin máis nin menos, será desenvolvida en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo e Santiago pola dita Asociación ó longo deste primeiro trimestre de 2008.
Nesta actividade participarán arredor de 40 especialistas en redes do coñecemento aplicadas ós eidos da empresa e a universidade. O obxectivo é mobilizar (polo menos) a 400 persoas, entre actuais e futuras empresarias, estudantes, axentes de desenvolvemento e, en xeral, persoas interesadas en formarse das ligazóns (e vantaxes mutuas) entre negocio e tecnoloxías.

PUBLICIDADE