Adventure Pop, un novo xogo rompeburbullas de balde para PS4 e Xbox One

martes, 7 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Hoxe sorprendeu a chegada á tenda dixital de xogos para Xbox One Adventure Pop, xogo que hai unha semana estreouse tamén na PlayStation Store con versión para PlayStation 4 e que sorprende por ser un título de balde desenvolvido por 505 Games que permítenos xogar en solitario ou con amigos a avanzar por distintas fases nas que ir lanzando burbullas cun canon eliminando as que son da mesma cor, mecánica sobradamente coñecida, que desta volta maquíllase cunha ambientación pirata.
Adventure Pop non é ningún xogo innovador ou revolucionario, senón que sería un quebracabezas con batallas en tempo real bastante ordinario, que como punto forte ten que, en vez de cobrarse polo xogo en si, integra contidos de pagamento (ou sexa, que a moeda virtual do xogo, as xemas, pode adquirirse mediante cartos reais). Temos así un xogo moi recomendado para os seareiros de títulos como o clásico Puzzle Bobble de Taito.

JPEG - 171.1 KB
O xogo conta con modos multixogador en local e en liña

Tráiler de lanzamento de Adventure Pop

PUBLICIDADE