Adobe quere gañar presenza en dispositivos móbiles
luns, 15 de outubro do 2018
Adobe está a celebrar MAX,
un congreso para creativos no que amosan
moitas das novidades do seu software para os vindeiros meses, como son as
actualizacións das principais aplicacións incluídas na suite Creative Cloud, á que incorpórase unha interesante novidade: Adobe Premiere Rush
CC. Estamos ante unha nova aplicación de edición de vídeo de doado manexo orientada
aos creadores de contidos para redes sociais, que busca simplificar a creación
de vídeo e a súa publicación en plataformas como YouTube, Facebook e Instagram.
Premiere Rush está xa dispoñible para iOS, e en breve contará con versión para
Android, facilitando así a creación de vídeo en mobilidade, facilitando tamén a
integración de gráficos en movemento profesionais e facendo doado que os vídeos
resultantes teñan un acabado profesional e poder así chamar máis a atención nas
plataformas sociais.
Un anuncio sumamente importante foi a presentación dunha nova versión do Adobe
Photoshop CC para o iPad, de xeito que a tableta de Apple xa non terá que conformarse
cunha versión reducida do Photoshop (podendo
abrir de xeito nativo ficheiros PSD e incluso aproveitar a nube para pode
saltar entre o iPad e as aplicacións de escritorio de Photoshop para realizar certos
traballos).
Na mesma liña tamén presentaron Project Gemini, unha aplicación de debuxo optimizada
para acelerar os fluxos de traballo entre dispositivos. Chegará inicialmente a
iPad en 2019 e permitirá combinar gráficos interpretados, vectoriais e pinceis
dinámicos nunha única ferramenta de debuxo, que poderá sincronizarse cos nosos
pinceis favoritos en Photoshop CC.
- Adobe Premiere Rush CC pdoe converterse nunha magnífica ferramenta para creadores de vídeo que queren traballar no escritorio e en mobilidade conseguindo acabados profesionais e publicando as súas creacions de xeito doado na Rede