Adobe Premiere Rush CC chega a Android
martes, 21 de maio do 2019
O pasado outono Adobe presento unha nova aplicación dentro
da suite Creative Cloud, Adobe Premiere Rush
CC, que principalmente buscaba simplificar a creación de vÃdeo para
YouTube, Facebook, Instagram e plataformas semellantes, para o que optaron por
unha curiosa vÃa: a aplicación está dispoñible tanto para ordenadores persoais
como para dispositivos móbiles, podendo sincronizarse o traballo entre ambas
plataforma a través da nube.
Esta solución que facilita unha edición de vÃdeo de calidade e con moitas
posibilidades no escenario móbil só
chegou inicialmente para os terminais de Apple, pero a versión para Android
finalmente está aquÃ, tanto a
través da tenda de Google Play como en Galaxy Apps (onde figura unha
versión da app optimizada para dispositivos de Samsung).
Esta nova aplicación móbil achega moitas das capacidades de edición de vÃdeo de
Premiere Pro, pero adaptándose aos dispositivos móbiles, de xeito que tanto
pode mesturarse audio e vÃdeo como tamén poden integrarse gráficos animados e
exportar en formato horizontal, vertical e cadrado, atendendo ás demandas de
publicación en plataformas sociais.
Adobe Premiere Rush CC facilita a edición de vÃdeo con simples accións de
arrastrar e soltar, permite realizar axustes no audio e no vÃdeo, conta con
transicións, permite gravar narracións de voz e moitas outras cousas das que
podemos gozar directamente dende o móbil, aÃnda que tamén resulte moi especial
que a sincronización na nube de Adobe permita completar a edición nun ordenador
persoal ou incluso importar o proxecto de edición en Premiere Pro CC para unha
edición máis profesional.
No que respecta á edición
especial da aplicación para dispositivos de Samsung, a compañÃa surcoreana
asegura que tal aplicación nun Galaxy S10 é un 70% máis rápida exportando vÃdeo
que en dispositivos anteriores, soporta HDR10+ e Samsung DeX, e inclúe descontos
na subscrición de Premiere Rush: de xeito promocional poden contratar exportacións
ilimitadas coa aplicación e 100 GB de almacenamento na nube por 7,03 euros/mes
(cando normalmente un plan mensual de Premiere Rush custa 12,09 euros/mes).
Os dispositivos de Samsung nos que funciona esta edición especial de Premiere
Rush son os Galaxy Note8, Note9, S9, S9+, S10 e S10+, mentres que a versión
xeral da aplicación tamén funciona nos Google Pixel 2, 2XL, 3 e 3XL e nos
OnePlus 6T e 7 Pro, ou sexa, que limÃtase a varios dos smartphones máis
potentes do mercado.
- Premiere Rush CC achega moitas posibilidades para a edición de vÃdeo dende o móbil
VÃdeo promocional do Adobe Premiere Rush CC para Android