Adiantan múltiples detalles da Wii U

mércores, 8 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A Wii U será a nova consola doméstica de alta definición de NintendoTras a conferencia de Nintendo no E3 moitas son as incógnitas que temos sobre a nova consola doméstica da compañía nipona, pois non difundiron as especificacións da Wii U e, ao faltar máis dun ano para a súa chegada ao mercado, aínda son moitos os elementos que poden mudar no produto, pero pouco a pouco van despexando as distintas incógnitas.
Por unha banda a data de lanzamento está fixada en 2012 (sen determinar o mes), o seu prezo sería superior ao da Wii ou a Nintendo 3DS (ou sexa, que superaría os 250 euros), a consola funciona cun procesador de IBM de varios núcleos, a súa gráfica sería de AMD e soportaría modos de 1.080p, 1.080i, 720p, 480p e 480i e poderá conectarse ao televisor por HDMI, compoñentes, S-Video e A/V composto, será compatible cos vellos mandos da Wii (aínda que non cos de GameCube), as súas medidas sería duns 267 x 170 x 46 milímetros, utilizaría como sistema de almacenamento discos ópticos de 25 Gb (capacidade dos discos Blu-ray dunha capa, aínda que non se detallou se Nintendo empregaría tal formato), a consola contará cunha memoria flash interna ampliable mediante tarxetas SD ou discos duros externos por USB (a consola conta con 4 portos USB 2.0) e o seu novo controlador terá unha pantalla táctil (non multi-táctil) de 6,2 polgadas e a consola só aceptará un destes dispositivos á vez (destacándose o feito de que non se venderá por separado, ou sexa, que non será preciso contar con varios para os xogos multi-usuario).
Os responsables de Nintendo tamén recoñeceron que durante a presentación da consola empregaron imaxes de xogos de PlayStation 3 e Xbox 360, por non estar aínda dispoñibles vídeos das versións de Wii U, aínda que representantes dalgún dos estudos que están a desenvolver xogos para as 3 plataformas aseguran que a de Wii U será a máis completa e potente.

A Wii U achega novos xeitos de xogar

PUBLICIDADE