Adiantan detalles sobre a Nintendo 3DS

mércores, 29 de decembro do 2010 Marcus Fernández

O vindeiro 19 de xaneiro está previsto que Nintendo celebre unha conferencia en Amsterdam na que darán os detalles sobre o lanzamento europeo da Nintendo 3DS, pero nos últimos días apareceron informacións que poderían estragar a sorpresa, coma o feito de que a páxina web española da cadea de tendas GameStop incorpore no seu catálogo a Nintendo 3DS para a súa reserva cun prezo de 249 euros e cunha data de lanzamento fixada no 7 de abril, o que dista de ser información oficial, pero coincide coas estimacións que veñen facendo dende a prensa especializada.
Pero a cousa non remata aí, senón que entre os días 8 e 9 de xaneiro terá lugar un evento coñecido popular coma o Nintendo World 2011 no Xapón (concretamente no centro de convencións Makuhari Messe) no que o público poderá probar en vivo a nova consola portátil de Nintendo, e incluso moitos dos seus títulos, entre os que contarán con demo xogable os seguintes:
- Hideo Kojima’s Metal Gear Solid Snake Eater 3D The Naked Sample
- Pro Evolution 3D Soccer
- Street Fighter IV 3D Edition
- Resident Evil Revelations
- Dynasty Warriors Chronicle
- Dead or Alive Dimensions
- Ridge Racer 3D
- Professor Layton and the Mask of Miracle
- Nintendogs + cats
- Kid Icarus: Uprising
- The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D
- Steel Diver
- Pilotwings Resort
- AR Games
- Nintendo 3DS Camera
Tamén poderán verse en funcionamento (non xogable) os seguintes xogos:
- Resident Evil: The Mercenaries 3D
- Super Monkey Ball 3D
- Kingdom Hearts 3D (nome provisorio)
- Gundam The 3D Battle
- Tales of the Abyss
- One Piece Unlimited Cruise SP
- Cubic Ninja (nome provisorio)
- Puzzle Bobble 3D
- Pro Baseball Family Stadium 2011
- Animal Resort (nome provisorio)
- Xevious
- 3D Bijin Tokei (nome provisorio)
- Starfox 64 3D
- Paper Mario (nome provisorio)
- Animal Crossing (nome provisorio)
- Mario Kart (nome provisorio)
- Surechigai Mii Hiroba
Podemos entender así que o catálogo inicial da Nintendo 3DS vai destacar pola súa diversidade e calidade, xa que conta tanto con grandes sagas de videoxogos propias de consolas domésticas con xogos sinxelos que habitualmente teñen unha boa acollida en plataformas portátiles.
Paralelamente Nintendo publicou na súa páxina web unha serie de advertencias sobre a tecnoloxía autoestereoscópica da pantalla da Nintendo 3DS, avisando de que o seu uso prolongado pode provocar fatiga visual e incluso advertindo que os menores de 6 anos deberían desactivar as 3D na súa consola para evitar problemas na súa vista (xa que aínda non teñen tal sentido ben desenvolvido) o que ocasionou certa polémica que podería rexurdir cando a consola chegue finalmente as tendas e que comparte a 3DS con outros sistemas de visualización 3D.

PUBLICIDADE