Adiantan algúns detalles polémicos de Diablo III

luns, 1 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Diablo III integrará un servizo de poxas de obxectos virtuais pagados con cartos reais

Pese a que aínda non se anunciou a data de lanzamento de Diablo III, Blizzar Entertainment vai dando a coñecer detalles sobre este agardado xogo que debería ter unha versión de proba no outono, e non todos están a ser unanimemente recibidos, como o feito de que o xogo estreará un sistema de poxas con cartos de verdade, de xeito que poderanse subhastar os obxectos que se consigan durante as partidas, o que pretende servir para evitar actividades fraudulentas a tal respecto, facendo que os usuarios síntanse máis cómodos e seguros, permitindo tamén que os amigos poidan facer transaccións sen que circule diñeiro polo medio. Tamén aseguran que para que o xogo funcione será preciso estar conectado á Internet constantemente, o que serviría como medida anti-copia (que outros títulos incluíron nos últimos tempos con grande oposición por parte dos xogadores).
Blizzard tamén confirmou que Diablo III non soportará mods, e tamén retirarán o soporte a bots, polo que muda dun xeito moi importante o xeito de funcionar deste xogo.

PUBLICIDADE