Adiantan a data de lanzamento e o prezo de Tony Hawk: Ride nos EE.UU.

martes, 26 de maio do 2009 Marcus Fernández

O anuncio de Tony Hawk: Ride como un título de skating que só podería utilizarse cun controlador especial con forma de monopatín sorprendeu a moitos por ser unha aposta bastante arriscada por parte de Activision, pero a compañía xa conseguiu moito éxito con paquetes semellantes no pasado (Guitar Hero) e agora imos coñecendo máis detalles sobre a comercialización deste produto, pois a tenda de videoxogos norteamericana GameStop publicou na súa web a data de lanzamento e o prezo deste título.
Tony Hawk: Ride chegaría ás tendas estadounidenses nas súas versións de Xbox 360, PlayStation 3 e Wii o 13 de outubro a un prezo de 119,99 dólares, o que aínda non é información oficial, pero parece bastante fiable, polo que podemos agardar que no outono tamén chegue a Europa a un prezo superior aos 100 euros, aínda que é posible que a versión de Xbox 360 chegue uns meses antes que as de PlayStation 3 e Wii (por gozar a consola de Microsoft dunha exclusividade temporal).

PUBLICIDADE