Adían a 2012 o lanzamento de Mass Effect 3

xoves, 5 de maio do 2011 Marcus Fernández

A saga de Mass Effect está a converterse nunha de máis peso na actual xeración de consolas de videoxogos por levar ao rol de acción a nun novo nivel; e aínda que agardábase que a historia do/da Comandante Shepard (o usuario pode elixir o seu sexo ao personalizar ao personaxe protagonista) chegase á súa fin a finais de ano, durante a actualización dunha galería de imaxes do xogo en desenvolvemento aseguran que Mass Effect 3 non verá a luz ata o primeiro trimestre de 2012, xa que dende Bioware queren coidar máis o produto para que sexa a mellor entrega da súa saga.

O xogo parece que vai continuar a dar máis importancia á acción que ao elementos RPG, como na súa anterior entrega

PUBLICIDADE