Adeus ás aplicacións que acceden indebidamente ao rexistro de chamadas e mensaxes de móbiles Android

martes, 15 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Un fallo de seguridade de Google+ levou a anunciar o peche de tal plataforma e a limitar o acceso a datos de usuarios por parte de terceiros, e como consecuencia destes cambios temos que en Android tamén vai fornecer a súa seguridade, de xeito que só permitirá que os clientes por defecto poidan gozar de permisos para acceder ao historial de chamadas e ás mensaxes de texto, de xeito que se atopan algunha violación desta nova política eliminarán as aplicacións da tenda oficial.
Dende outubro Google contactou cos desenvolvedores de Android a través de correo electrónico para dar conta desta nova política, dando 90 días de prazo para cumprir con esas condicións ou solicitar unha prórroga, de xeito que, como moito, terían até o 9 de marzo para traballar nas actualizacións que fixesen que as aplicacións de Android cumprisen cunhas normas mínimas para así mellorar a seguridade dos datos persoais dos usuarios de smartphones.
Aínda que existen aplicacións que si poden precisar de acceso ao sistema de mensaxería de texto do móbil, para compartir contidos ou para verificar a identidade dun usuario mediante o envío dun código, actualmente existen ferramentas para desenvolver aplicacións para Android que permiten facer tal de xeito seguro, sen ter que precisar dun acceso ilimitado aos datos do teléfono.
O que si parece claro é que dentro de poucas semanas veremos como un número significativo de aplicacións desaparecen da tenda de Google Play xa que sen acceder á información persoa do usuario deixan de ter utilidade para os seus desenvolvedores.